O complexo mineiro que a autovía tapou

Jesús Manuel García OURENSE

OURENSE

XAQUÍN LORENZO

Xoaquín Lorenzo, Chamoso e Cuevillas decubriron un xacemento que se extendía pola ladeira do San Trocado Alí apareceron obxectos que demostran un alto nivel de vida das súas xentes

08 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

Cando no ano 1948 Xaquín Lorenzo se atopaba excavando en San Cibrán de Lás, falaronlle de que por baixo do monte de San Trocado, sobre Barbantes, existía unha mina. Tomou a decisión de solicitar o permiso para facer prospecións. Aqueles traballos deron como resultado importantes vestixios de construcións prerromanas e romanas dende o cumio do monte ata abaixo. Alí apareceron dúas monedas de bronce, contas dun collar e numerosa cerámica das dúas épocas. Foi cando ao facer a exploración do lugar con calma se percataron de que os vestixios extendíanse dun xeito fabuloso pola ladeira abaixo. Descubriron muros dalgunhas construcións e varios tanques tallados na pedra acompañados de canles e escaleiras. Subindo polo camiño ían aparecendo máis restos, máis escaleiras e canles na rocha. E máis tanques pétreos, algo impresionante e cara o sur apareceu un túnel cunhos corenta metros de longo. Seguindo polo camiño de canteiros apreciaron no alto duna plataforma un gran oco rectangular excavado directamente na rocha e recheo de pedras e escombros. Apreciouse que se trataba da boca duna mina e que a disposición nada natural do monte debíase ao carrexo e depósito dos escombros extraídos. A primeira campaña arqueolóxica comezou no 1949, en agosto. Apareceron restos dun muro que cortaba de forma perpendicular o cauce dun manantial no que se pudo recoñecer un embalse aproveitado para a explotación mineira. Foron aparecendo tanques, escalinatas dun xeito sorprendente. Estaba claro que aquello foi unha mina para extraer un mineral rico polo procedemento da decantación, triturando no tanque mayor, lanzándolle auga encima para arrastralo aos tanques seguintes ata conquerir o mineral limpo. Xunto dos primeiros tanques descubertos apreciouse un grupo de vivendas con muros de sillería de granito, típicos dos romanos. E foi aparecendo abundantes pezas cerámicas, muíños de man redondos , moedas e utensilios de bronce. Ornamentación Nas vivendas altas excavadas había pedras ornamentadas con esvásticas ou con seis follas. Excavaron unha rocha grande tallada en forma circular coa plataforma cuberta de círculos fondos para poñer neles mástiles. A un lado, había un tanque amplio, circular coa canle de desaugue. Apareceron tamén os muros de contención de terras que formaban as plataformas. Estes traballos amosaron a importancia desta explotación. Aínda foi descuberta unha cámara ou haitación de 7,20 metros de longa por 3,80 metros de anche, conservaba unha columna truncada de 1,08 metros de alta e no cetro elevábase un pedestas de granito. Desconfiaban Xocas e os seus compañeiros de se isto era un templo.