O rabisco do Xocas

MANUEL REGO NIETO

OURENSE

BALCÓN DE MOREIRAS | O |

22 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

AGORA que afortunadamente estanse a escribir moreas da vida e obra de don Xaquín Lorenzo, Xocas, un lembra o rabisco que tiña. A don Xaquín que o tratei de cotío -denantes de ser funcionario da Deputación e moito mais estando nela-, descubrinlle no seu carácter afable e tolerante, ese rabisco que lle saía cando algo non lle parecía ir polo rego. Lembro que algunha que outra mañanciña, e denantes de cruza-la porta do meu despacho cara a biblioteca provincial, e logo dos saudos obrigados, espetábame axiña: «Hoxe Rego, veño de moi mal xenio». Ao lle preguntar o por qué, don Xaquín soltábame que alguén, defensor do lusimo no noso idioma, escribira un artigo que o puña dos nervios. Non asimilaba isa forma que o esgreivo Carballo Calero, escomenzara a adoctrinar, coa diferencia de que os seus discípulos, como pasa case que sempre, superaban ó mestre. Como o contacto era diario, eu ben sabía cando viña de moi mal humor. Tanto que lle saía ese rabisco, que moitos dos seus, hoxe biógrafos, non chegaron a coñecer.