O reto termal ourensano

OURENSE

ANACOS | O |

02 jul 2004 . Actualizado a las 07:00 h.

O TERMALISMO pasa por ser un dos factores de desenvolvemento e creación de emprego na provincia de Ourense. Así o recoñecen desde organismos coma o Inorde, donde se ten convertido nun dos eixos de traballo de cara á promoción turística e de xeneración de empregos, ou desde institucións como a Consellería de Innovación, Industria e Comercio ou desde a propia Xunta. Mais por moito que haxa boa vontade as palabras saben a pouco. O Instituto Termal de Galicia estaba chamado a coordenar o sector e a promover investigacións, estudios, accións de difusión e outras iniciativas vencelladas co sector balneario. Con todo e recoñecendo a entidade do ITG e a súa ubicación no Carballiño a posta en marcha real e efectiva, co traballo do día a día, non chega. E por medio están os intereses de balnearios e empresas termais de fóra de Ourense que queren liderar este sector e todas as iniciativas que se xeneran arredor del. No novo reto que ten Ourense, o termal, verase se existe un peso político real ou acabamos perdendo -outra vez- contra os intereses doutras provincias.