De Verín

ELÍAS DOMÍNGUEZ PRIETO

OURENSE

TEMAS DEL PAÍS | O |

31 ene 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

DE Verín tamén son eu, digo cando falo con xente que non localizaría facilmente o meu querido pobo de Camba, no Concello de Laza. Pero, para o que nos ocupa, os de Camba e tamén os de Laza somos de Verín. O noso amigo Xosé Carlos Caneiro, internacional e cosmopolita pola súa obra literaria, tamén é de Verín e tamén reclama o que todo o val de Monterrei merece, e sobre todo necesita para poder estar á altura dos tempos que corren. Tamén estiman os expertos, e como non os verineses, que é un emprazamento idóneo para a cidade do motor, preto da estrada de Portugal, preto da autovía e tamén para darlle un bo empuxe ás outras incipientes actividades empresariais que escomenzan a rexurdir na comarca: a vitivinícula e a termal. Aparecen as disculpas vanas e as culpas electorais, os castigos inxustificados que logo nunca terán volta atrás. ¿E que di o Concello de Verín co amigo Emilio, co amigo Santi e demáis concelleiros? ¿Que fan para conseguir afianzar o proxecto en Verín? ¿Que fan os verineses para convencer, para negociar, para reivindicar ese proxecto estrela?