BALCÓN DE MOREIRAS | O |
15 mar 2005 . Actualizado a las 06:00 h.SI a nivel de Estado Rodríguez Zapatero olla como lle retira a palabra o presidente do Parlamento Manuel Marín. Si Gregorio Peces Barba pide protección, pola súa culpa, pola súa máxima culpa. Si o Presidente do Consello de Estado desdícese ás vintecatro horas do que dixo... En Ourense, pois, tamén cocen fabas. O señor Troncoso que peca, presuntamente, por incapacidade e non física, e non é capaz de resolver que as camas de urxencias non estén nos pasillos da Residencia e do Hospital -¡se eu lle contara os maltratos que recibín na miña estadía de quince datas na UCI do Santa María Nai...!-, era para escribir un libriño, que ainda non estou libre de facelo. Si o novo responsable do Auditorio, un imberbe que sabe diso tanto como quen suscribe de capar rás, fainos un corte de mangas ós ourensans con Caixanova. Pois esí van as cousas¿ E é que, como dicía unha tía miña "haiche cousas Baldomero..." Ben, que diga ¡mal! Se non fora por José Luis Baltar que fai cousas, os da oposición nin ren. E esí nos vai...