ANACOS | O |
13 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.OS responsables do novo goberno en Galiza van queimando etapas tentando poñerse ó día a toda presa. Nalgún caso con situacións anecdóticas, como a da conselleira de Vivenda: Teresa Táboas é unha das autoras dos proxectos para construir as vivendas de protección autonómica de Pereiro e agora, como conselleira, debe darlle unha solución a este colectivo de propietarios que non da visto como chega o día de entrar a vivir ás súas casas. Outras situacións non reúnen a condición de anécdota e entran no sal groso: con conselleiros pendentes de xuizo ou con construccións ilegais con orde de derribo sen executar desde hai cinco anos. E mentras se van cubrindo as etapas dos cen días de cortesía, unha dirixente nacionalista poñía o máis común dos sentidos nunha tertulia: «Se nos comprometimos cando estabamos na oposición agora, como goberno, temos que facer realidade o prometido». Agardemos que así sexa e que Suárez Canal lle gañe a batalla ós lumes e ó banco de terras, que Pachi Vázquez faga realidade o prometido circuito de Verín -e que reciba a alcaldes ourensáns que non sexan do seu partido- e que Quintana baixe do barco do cemento e volte a San Xoán de Río a falar de cooperativas e da cuota láctea.