Pobriños

La Voz

OURENSE

TEMAS DO PAÍS MANUEL REGO NIETO | O |

08 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.

CATALUÑA é unha nación. Ben. Os representantes de CiU e ERC, ben arroupados polo PSC, derraman bágoas de victimismo, pois Cataluña, pobriña, tan solidaria, non está ben axudada por España. Queren autovías, financiación única, mellor sanidade, redimir a milleiros de pobres que teñen no seu país. É o victimismo dos nacionalistas que hoxe reclaman o Estado Federal, para logo, nunha segunda fase, «ser un Estado independiente», Carod-Rovira, dixit . E un servidor, que se sinte federalista, mais non nacionalista, que o federalismo é para xuntar, non para separar. Aí está a diferencia, que non é pouca... Imos ter que acudir en axuda de Cataluña, nós os galegos, e sobor de todo os ourensáns, que non temos nin ren, e que en vez de protestar, emigramos. A un ourensán, escoitar aos independentistas prodúcelle, xa non náuseas, senón sonroxo. Como cando Fraga personaxe a Cuíña. Así paga o demo a quen o serve.