«O partido perdeu o contacto coa realidade polos anos no poder»

La Voz

OURENSE

? batalla por facerse coa dirección do PP de Galicia ten desta volta unha forte compoñente mediática e son varios os portais, confidenciais e ata páxinas personais que seguen o día a día do futuro congreso. A candidatura promovida polo ex conselleiro López Veiga e Inmaculada Rodríguez tivo desde o primeiro momento un espazo de referencia na rede: www.manifiesto.info. Neste enderezo electrónico pódense coñecer as propostas para a renovación do partido, prantexarse cuestións en relación co futuro do PP e ata adherirse a corrente encabezada por López Veiga e Rodríguez Cuervo. -¿Coa precariedade de medios con que contan cre que serán capaces de facer chegar a súa mensaxe? -Faise difícil. Desde o aparato do partido non se nos da oportunidade ningunha e témolo máis difícil que o resto dos candidatos porque non contamos coa mesma infraestructura. Nós temos que facelo todo a pedal, por así decilo, mentras outros van a toda velocidade. Mais sigo decindo que non van conseguir que desistamos de intentalo. -¿O protagonismo das bases será o seu grande eixo de campaña? -O futuro do PP pasa por recuperar unha relación coas bases e coa militancia que se perdeu. Cando fomos oposición tivemos esa sensibilidade e fomos quen de recuperar o poder. No caso de Galicia o partido perdeu o contacto coa realidade polos anos no poder. Alonxámonos das bases e non soupemos ver o que estaba a pasar. Agora hai que recuperar esa relación.