BALCÓN DE MOREIRAS
29 nov 2005 . Actualizado a las 06:00 h.«MIRA qué bien» é o latiguillo dun famoso cociñeiro televisivo. Pois aquí na Galicia armouse a de Deus é Cristo. Alcaldes ourensáns, capitaneados pola «Agustina de San Cibrao», Elisa Nogueira, manifestáronse no adro do Parlamento. Logo a presidenta do templo da palabra, Dolores Villarino, solta unha burrada que a descalifica para presidir e moderar. ¿Cómo se pode comparar unha manifestación, con aquel triste serán de tricornios? ¿É que Villarino non lembra aos seus colegas protestando diante do Tribunal Supremo e do cárcere de Guadalajara por defender a quenes roubaron e mataron? ¡Que pouca memoria teñen estes pesoistas que non socialistas! ¿Onde estaba Villariño o 23-F? ¿Cecais escondida ou fuxida por medo? E outro que fala, Xosé Rodríguez Cid, di: «Agora mandamos nós», ao se referir as exclusións de trece concellos do Plan de Inversións e que deu motivo a algarada e tamén ao arrouto da Villarino. Pois non, señor Rodríguez Cid. Vostedes non «mandan», gobernan. Inda que perderan as eleccións.