En dos minutos | María do Ceo
03 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.? cantante portuguesa afincada en Ourense presentará hoxe en Madrid o seu primeiro disco feito por completo en galego, con letras de Moncho Borrajo e música de Arlindo Carvahlo. Dúas almas do Miño é o título do traballo que María do Ceo espera poder ofrecer aos ourensáns nas próximas festas da capital. -¿Está satisfeita co resultado final? -Moito, sobre todo porque foi un disco que deu moito traballo. Queríamos que quedase realmente redondo. Moncho o merecía e Arlindo tamén, pero sobre todo o meu público galego merecía que eu fixese un disco todo en galego. -Pero sigue soando moito a fado -Sí. Está feito adrede. Eu nunca pretendería facer un disco de música tradicional galega porque hai xente moito máis especialista ca min nese campo. Cando Moncho me suxeriu o de cantar os seus poemas díxome que quería que soase a fado. Por eso pedín a colaboración de Arlindo. Penso que o resultado non só reflexa a fusión de un letrista galego e un músico portugués, sinto que este disco é o que mellor define o que eu son, portuguesa e ourensá. Sin medir qué me sinto máis porque me sinto as dúas cousas. Son como a ponte dunha fronteira. En mín vai Galicia e vai Portugal, non podo evadirme de ningunha das dúas. -¿Cándo a escoitaremos en Ourense? -Imos ter unha xira bastante apretada, pero xa estamos negociando co Concello de Ourense para facer unha presentación deste traballo nas festas do Corpus se materialice, porque actuar aquí é algo que me apetece sempre, pero especialmente no caso deste disco.