ANACOS | O |
08 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.OURENSE vive como tódolos anos o seu particular outono cultural. Se era o Outono Fotográfico o que acaparaba a atención no remate do pasado mes de octubro e comezos de novembro, agora é o Festival de Cine de Ourense o que se atopa en plena actividade, mentras se presenta o festival de blues e se desenvolven os concertos de jazz. Un mes, o de novembro, que achega á provincia de Ourense todo un amplo programa de actividades e de iniciativas para disfrutar das diferentes manifestacións culturais. No caso do Festival de Cine de Ourense semella que estamos a vivir unha edición singular, quizás marcada en exceso polas loitas partidistas e o posicionamento aínda recente acerca da nova política da Xunta de Galicia en materia de certames audiovisuais e dos agravios comparativos en relación a outros festivais ou certames do país. Quizás tamén é unha edición especial porque o que pasa por ser o principal valedor deste proxecto non acudirá ó festival do 2007 como representante institucional e porque, xa postos nas malas, nin se sabe como será o certame do próximo ano ou se haberá festival. Cando pase o magosto, tempo de castañas e de cacharelas donde queimar todo aquilo que imos arrombando polos recunchos, quizás sería o momento de que en lugar de andar facendo actos públicos para presentar patrimonios, anunciar investimentos dos presupostos do Estado para o 2007 e prometendo a lúa, se sentasen os que agoran se nos amosan próximos e amables para facer un compromiso público de cal será o seu posicionamento en relación ó Festival de Cine de Ourense e o seu futuro. Se o fan co proxecto do hotel de As Burgas, da entrada do AVE -aquí menos porque todos siguen fuxindo do misterio da entrada na cidade- por que non co certame audiovisual de Ourense? Pois iso.