Megaxove aposta por darlle pulo en valores ao asociacionismo xuvenil

Jesús Manuel García ourense

OURENSE

PILI PROL

Os rapaces teñen cinco días de diversión a esgalla con numerosas iniciativas en equipo Na feira están presentes deportes como a loita grecorromana ou a ximnasia rítmica

06 dic 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

Diversión en valores. Soa serio pero así é o que ofrece Megaxove. O pavillón de Expourense é desde onte un centro de entretemento a esgalla para os rapaces ata o vindeiro domingo. Hai unha morea de posibilidades de pasar horas en equipo disfrutando sanamente. Xa o dixo o director xeral de Xuventude, Rubén Cela Díaz: «É un enorme pracer colaborar facendo o que fixemos este ano, é decir, ceder espazos ás asociacións xuvenís para que o público as coñeza. Aquí temos un sector alternativo de asociacionismo xuvenil, un escaparate de ocio alternativo de vida saudable, con deportes minoritarios, desde a loita grecorromana ata o judo ou xadrez». Cela insistiu en que Megaxove 2006 ten un claro compoñente educativo, formativo en valores solidarios. Hai moito que disfrutar nesta ponte. Unha volta ao recinto de Expourense da moito de si: danza galega con curso incluido, quads, ximnasia rítmica, judo, loita olímpica, halterofilia... É doado ver aos xóvenes practicar estas especialidades. Tamén hai baloncesto, badminton, tiro, xadrez... Un grupo de nenos subía ata a lanzadeira dun vehículo militar, porque o exército de terra está presente; outros xogaban no posto de Amencer co scalextric. Outro grupiño divertíase cos ordenadores. Caixanova ten hinchables onde os cativos riron e saltaron tanto como quixeron. Amencer, Juvenmar, Club Natación Castrelo de Miño, Xuventude da UXT, Carreira de San Martiño, Federación de Centros Xuvenís Don Bosco, Xérmolos, Proxecto Home... Hai un obradorio de chocolate, un parque de karts... hai vida en Expourense e basta ver aos cativos como o están pasando. Xogos en equipo, sociais, para pasalo ben sen problemas. Megaxove é boa oportunidade para os xóvenes da provincia. Un punto e aparte que os achega a iniciativas cecais pouco comúns na maioría dos concellos pero moi proveitosas.