?amón Piñeiro destacou ademais a valía dos músicos daquela época e a importancia dos coros galegos entonces porque representaban ás cidades. «Incluían a bos músicos -destacaría ao director Daniel González, responsable das harmonizacións de toda a produción do primeiro período-, aos mellores instrumentistas tradicionais, como foron os gaiteiros Virxilio Fernández ou Faustino Santalices, ou a colaboración de dramaturgos»», segundo el editor. Destacou que a principios do século pasado os coros a parte da dimensión coral representaban e xeneraban teatro, o que se chamaban Escenas corais galegas . «Tras a evolución destas agrupacións se chegou a tal grado de representación que se deu un paso máis. O coro De Ruada pon en marcha a escenas corais galegas que viñan a ser a aproximación á arte total, algo parecido a unha ópera pero preto do popular, realmente era un paso adiante niste camiño», segundo Ramón Piñeiro.