Solidariedade a toda marcha

Jesús M. García ourense

OURENSE

SANTI M. AMIL

Crónica | Boscomusic 2007 Máis medios, máis participación de grupos musicais da cidade e máis público. Ritmo para axudar ao Proxecto Home vibrando con espíritu xuvenil desde Amencer

06 ene 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

Se o ano pasado esgotáronse as 400 entradas, onte había preparadas para vender cen máis. O salón de actos de Salesianos atopábase a reventar neste décimo aniversario do Boscomusic 2007. Tres euros por entrada e fila cero. No escenario, MD4, D-esengaño, Skroto, Pangea, Hand Luck Men, as Bridge Girls; G-91, Sin Motivos, os Tolofónicos, Dacosta e os Dacostiños, cantautores... «Este ano temos máis grupos da cidade alleos a Salesianos e a Amencer», dixo Fran J. Gómez, da organización. Cada edición serve para apoiar o Proxecto Home, este ano con medio milleiro de espectadores. Eva Vázquez, de A Valenzá, cantou como solista: «Mi canción fue Lela . Antes había actuado en el festival de la canción misionera y es la segunda vez que actúo en el Boscomusic». Moisés Dasilva pertece ao grupo Pangea: «Comezamos no Seminario fai cinco ou seis anos e no festival misioneiro. Para este festival trouxemos a canción de Maná, Labios compartidos . No grupo somos cinco compoñentes e as nosas actuacións facémolas en Fátima ou en Cabeza de Vaca», sinalou este xoven. Fernando Gómez, guitarrista, acompañou ás Bridge Girls que ofreceron Don't speak . Elas son Iria e Gloria que a media tarde entraban no salón para ensaiar. «Levo media vida coa guitarra» sinala Fernando, que comezou a tocar na parroquia das Caldas. Aparte dos grupos alleos a Amencer, hai moitos que se foron formando nas parroquias ourensás. Ps coros son unha boa canteira de xóvenes que disfrutan a música. O público escoitou versións de U2, Pedro Guerra, Carlos Núñez, Nirvana, Neil Zara, Bon Jovi... Polo escenario pasaron máis de medio cento de músicos que levan traballando nesta preparación do festival desde o comezo das vacacións de Nadal. Deste Boscomusic 2007 farase unha grabación en cedé e en videodisco para poñelos á venda. O mesmo farase co concerto do ano anterior. Os beneficios desas vendas tamén irán parar ás arcas do Proxecto Home. O Boscomusic é unha das múltiples iniciativas do colectivo xuvenil Amencer que desde o colexio María Auxiliadora de Ourense é unha das asociacións máis dinámicas da provincia.