Entre cigarróns e picaresca foi a cousa

Jesús Manuel García OURENSE

OURENSE

SANTI M. AMIL

Crónica | Tarde de festa en Verín e Xinzo Mentras na vila do Támega o público aplaudiu aos novos cigarróns, na capital limiá a protagonista era a música do festival humorístico da canción

17 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

En Verín aínda se xuntou xente na praza do Cigarrón para asistir á ceremonia de investidura dos novos cigarróns, un acto sentido por quenes senten e viven a festa na vila. Caneiro botoulles a bendición entroideira e ao remataren de vestirse, seguiu a festa. Baile neste recuncho mentras na praza Maior voaba a fariña que daba gusto. Atraccións de feira e un gran palco agardaba o baile da tarde e a verbena. Polas rúas o anormal era non ir disfrazados. Nos bares e cafeterías, bon ambiente e moita, moita diversión. Ás sete do serán comezaba en Xinzo o festival da canción humorística. Aló ao fondo, pola rúa do Concello, unha carroza con música quente e luceciñas de cores contaxiaba a maxia deste tempo. A praza Maior estaba chea de xente escoitando aos cantores. Entre outros subieorn a escena As Tamaras da Limia que lle cantaron á Isabel Pantoja, «ese pedazo de muller», á Zaldívar ou ao Jesulín. E para facer a letra máis local alá a emprenderon co parque de bombeiros comarcal: «Xa temos bombeiros, a ver cando se destapan para verlles a mangueira e facer o ñaca ñaca», cantaron todas pizpiretas. Interviron de igual xeito As Yogurinas e Os Oriúndos. Na praza hai unha carpa de dúas augas e moito ambiente festeiro. O peor que se pode facer tamén en Xinzo é non sair vestidos para a ocasión. Víase de todo. Gañaron os oriundos con Campanera, así non era , 120 euros, unha pantalla pequena e 60 euros opr levar a canción máis orixinal. De segundos quedaron As Tamaras da Limia con 90 euros por O carallo 39 e o terceiro posto foi para As Yogurinas pola súa Lambida do Xosé, que conseguiron 60 euros máis a pantalliña, como os outros. Houbo referencias críticas ás beirarrúas ou ás obras de O Toural. E moita música ata benn entrada a madrugada. Como vai acontecer tamén no día de hoxe. Calquera hora será boa para deixarse caer por estas dúas vilas neste domingo.