Entrevista | Alexandre Sánchez Vidal É partidario de que os técnicos do Concello realicen unha radiografía amplia da súa situación. Non levantarán alfombras e confía na honestidade dos seus predecesores
16 jun 2007 . Actualizado a las 07:00 h.DE ALEXANDRE A ALEXANDRE. Prometera na campaña e cumpriu. O rematar o pleno achegouse ata o monumento na honra de Alexandre Bóveda (o que Sánchez Vidal califica de santo laico porque foi unha referencia universal polo seu compromiso con Galicia) ante o que prometeu, en presencia do seu equipo, que o BNG será a garantía do presente da capital e a base para a construcción do futuro. ?s palabras que máis utiliza son responsabilidade e xenerosidade. Responsabilidade para atallar os problemas da cidade e xenerosidad para comprender os desaxustes co PSOE e para afrontar a transición tras doce anos de goberno do Partido Popular. -¿Fanlle falta os tres meses de graza para arranxar flecos co PSOE e conxuntar o equipo de goberno? -Dixen que non pedía ningún día de graza e nono vou pedir. Si quere o PP facer oposición dende o primeiro día, ten todo o meu apoio para facelo. Agora, temos que ter clara unha situación. Houbo 12 anos de maioría absoluta do PP e nestes momentos descoñecemos a situación real do Concello e ata que o coñezamos vai pasar tempo porque antes de embarcarnos no que nós queremos, temos que facer unha radiografía do Concello. -¿E partidario de facer unha auditoría da xestión do PP? -Deberíamos evitalo. Podemos facer un diagnóstico dende dentro e unicamente si existiran indicios de irregularidades de carácter penal (que eu non espero en absoluto) sería necesaria unha auditoría. Creo que iso non se vai dar porque confío na honestidade dos que estiveron antes. Que os cidadáns non consuman o seu diñeiro nestas cousas, me parece importante. -¿Non levantarán as alfombras do Partido Popular? -Temos que facer unha radiografía do existente para traballar. Do resto hai que esquencerse. Un cando recibe unha herencia a recibe co bó e co malo. Podemos herdar cousas malas pero tamén herdamos cousas boas. Pido que a mesma xenerosidade coa que eu me manifesto respecto ó PP que a teñan eles e que colaboren en ben da cidade. Lembro que cando entrei no Concello nos meteron nun local con cascudas. Esa non é maneira de comportarse en democracia. Temos que ter un respeto absoluto entre partidos.