Freire di que Ourense ten como materia pendente a mellora das augas, transportes e parques
28 feb 2008 . Actualizado a las 02:00 h.O colectivo ecoloxista Verdegaia creouse hai dous anos e conta con máis de sesenta socios na provincia. Desde hai uns meses dispoñen dun local compartido con Amarante e prepáranse para organizar as súas primeiras actividades. O ourensán de 36 anos Óscar Freire, secretario de asociación, opina sobre a defensa do medio ambiente na provincia.
-¿Recibiu a asociación queixas polos malos olores da auga?
-Sabemos o que se falaba na rúa porque parece que a xente xa o ten tan asimilado que non protesta case nada. O problema das augas é unha asignatura pendente, como en todo o país. Agora que volveron a retomar a traída de auga de Cachamuíña xa vemos os problemas que está dando.
-¿Cree que o Concello de Ourense aposta de xeito claro polo respecto ó medio ambiente?
-De cara a galería, si. Estamos nunha época en que o verde vende, pero aínda se botan en falta máis cousas: Unha aposta decidida e clara polo transporte público, máis zonas verdes, qué se vai facer co lixo na cidade, as iluminacións,... Ó final é un pequeno lavado de cara pero non van moito máis aló.
-O anuncio de novos parques, ¿parécelles suficiente?
-Está ben porque na cidade hai unha grave carencia de zonas verdes e sempre nos queren vender como zonas verdes as que están ó carón do río, pero claro, é porque alí non poden edificar.
-Falase moito da necesidade de aforrar enerxía, ¿está concienciada a sociedade ourensá co este tema?
-Estamos concienciados de que hai que reducir pero o problema parece que o problema sempre é dos que gobernan e pensamos que son eles os que o teñen que facer todo. Tamén se fala moito das enerxías renovables pero non hai un río en Galicia que non teña polo menos un encoro e os aeroxeneradores da igual onde os poñan. Da igual que sexa un lugar de paso de aves ou con interese paisaxístico que só prima o interese da industria. Temos que cambiar o chip e empezar reducilo todo, enerxía, pero tamén lixo, que é moi importante.
-Agora que fala do lixo, ¿cal é a súa opinión do chamado parque ambiental de O Ribeiro?
-O problema é que non se sabe moi ben de que é e non sabemos se estar a favor ou non. Levamos xa dous anos con isto e nos van mareando con diversas denominacións. Esa falta de información xera moita inquietude na poboación porque si ti lle dis a alguén que te van a poñer un vertedoiro ó lado da casa nos levamos as mans á cabeza. De todos modos, temos que concienciarnos que somos nós os últimos responsables e ó final os políticos terán que facer o que nós lles esixamos.