Alfonso Grande, que sustituirá a Pérez Bouza, rexeita o modelo da Deputación «a´´inda que loitarei para mellorar o rural»
02 abr 2008 . Actualizado a las 02:00 h.Os nacionalistas viviron nas municipais de 2.003 un momento de ledicia no que sumaron a alcaldía de Porqueira aos feudos controlados polo BNG. Dos resultados daquelas eleccións municipais chegouse a un reparto virtual do poder coa alcaldía para o BNG, con Xosé Manuel Pérez Bouza de alcalde, grazas ao apoio do PSOE. Mais a política é unha arte chea de camiños retortos e a alternancia política en Porqueira foi un sono que diu paso a unha realidade bastante complexa: a candidata e única concelleira do PSOE rematou sendo alcaldesa independente grazas ó apoio do PP e Pérez Bouza converteuse en portavoz único da oposición sen pousar na cadeira de primeira autoridade -oposición donde recuncou logo das municipais de 2.007, esta vez coa alcaldesa nas filas do PP-.
A operación bautizada por algúns destacados políticos como «porqueirada» ou «porcallada» converteuse, contra o que puidera semellar, no auténtico pasaporte para a carreira política do frustrado alcalde de Porqueira: Xosé Manuel Pérez Bouza foi un dos elexidos polo BNG para ocupar unha das prazas de deputado provincial e, logo das súas disputas con Baltar e de anos de traballo no organismo provincial, onte mesmo tomaba posesión como senador ao ser o nomeado polo BNG como representante da autonomía na Cámara Alta.
Bouza xa está no Senado
O concelleiro de Porqueira recoñecía onte que se sentía «moi honrado e cunha grande responsabilidade» na representación da provincia de Ourense logo de sair da súa primeira sesión no Senado.
E mentras Pérez Bouza asimila a súa condición de concelleiro en Porqueira e senador en Madrid, o portavoz do BNG en Celanova xa sabe o cometido que lle toca xogar na súa futura responsabilidade como deputado provincial -donde acompañará a Isabel Pérez e Xosé Manoel Fírvida-. Alfonso Grande asume que «vou ser deputado provincial porque así o decidiron no seu día os compañeiros do rural das comarcas de Celanova, A Limia e a Baixa Limia» e que o seu obxectivo «é conseguir que a Deputación se adique por fin a cumplir as responsabilidades que ten asignadas en materia de apoio e desenvolvemento do medio rural».
Precisamente na loita de conseguir que a Deputación de Ourense se implique máis cos pequenos concellos é donde Alfonso Grande espera poder contruibuir coa súa experiencia «como concelleiro dunha vila e como veciño da zona rural da provincia de Ourense».
Contra as deputacións
Sen desmerecer o seu novo cometido, Alfonso Grande amósase convencido de que as deputacións non teñen sentido no actual marco competencial e na sociedade do século XXI. Grande matiza que «aínda que loitarei para mellorar o rural dentro das iniciativas e proxectos que se podan impulsar dende a Deputación, considero que estes organismos non teñen ningún sentido no actual sistema que está constituido no Estado nin no marco que fixou a Constitución de 1.978. É unha administración intermedía que hoxendía está superada mais que pervive porque a vontade de PP e PSOE é empregalas nos seu interese». Grande recoñece que aínda non se abordou quen asumirá a portavocía do grupo «aínda que é un asunto menor no BNG».