El próximo jueves, con La Voz, una nueva edición de la Guía de Másters de Galicia
Os organizadores da Festa do Esquecemento, teñen xa practicamente cubertas todas as prazas de acampada
18 ago 2009 . Actualizado a las 16:13 h.A asociación Civitas Limicorum ten xa totalmente pechada a programación da Festa do Esquecemento, que este ano será do 21 ao 23 de agosto con importantes novidades. A súa presidenta, Silvia Dopazo, anima a participar na celebración en A Limia que congregará a miles de personas dada a súa popularidade e repercusión turística.
-Leva tres anos á fronte da organización da Festa do Esquecemento ¿É máis doada esta responsabilidade co paso do tempo ou é peor?
-É moitísimo máis fácil despois de tres anos. A experiencia axuda. Este ano ademais temos un grupo de traballo, no que todos axudan moito é todo mellor e máis doado. Esta é unha edición moi relaxada á hora de facer a programación, este ano o Esquecemento ten ademais un programa moi completo, cultural e de festa. Hai cultura, hai teatro, música... hai un pouquiño de todo.
-A expectación mantense cos anos e dende dez días antes da cita xa teñen cubertas as prazas de acampada no Toural.
-Está completamente pechado, non hai sitio no campamento e temos uns 300 invitados que veñen de toda España que hai que mandar a Verín e a Allariz por que en Xinzo xa non hai sitio donde metelos nesas datas.
-Hai novidades importantes no programa como a celebración de talleres de cociña. ¿Como decídese apostar por esta opción?
-Pensamos en facer algo relacionado coa cociña e en vez de verlo en papel contactamos en Vigo cun grupo de Pamplona e apostamos por incluir unha actividade que se chama «Comer e beber ó estilo romano», que consistirá en facer talleres de degustación, no campamento para que os visitantes poidan ver como se fan os alimentos pero tamén despois poder probalos.
-¿Hai outras cousas novas na Festa do Esquecemento 2009 para atraer ós visistantes?
-Si, teremos actuando por primeira vez en directo ó grupo Alambique que dará un concerto folk o venres pola noite no Toural, donde está o campamento.
-¿Que diferencia á Festa do Esquecemento doutras convocatorias festivas da provincia de carácter histórico?
-Hai outras festas históricas coma é a da Istoria de Ribadavia pero a mín non me gusta que se nos compare con ninguén. Penso que cada unha das festas que se celebran en Ourense ten unha identidade propia e despois en canto a diferencias está, sobre todo, a época elexida en cada unha de elas. A Festa do Esquecemento é a única festa romana que hai en Ourense, hai outras de tema castrexo coma o Folión Castrexo de Celanova pero romana a única é a Festa do Esquecemento en Xinzo de Limia.
-¿Contan con respaldo financieiro suficiente para poder afrontar a organización de todo o programa festivo o piden máis esforzo?
-Non, non contamos co respaldo económico suficiente e sempre queremos conquerir un pouquiño máis, claro. Pero é que este ano só temos apoio da Diputación Provincial de Ourense e pouquiña cousa máis. Creo, de verdade, que non temos o respaldo económico suficiente para poder facer máis cousas. A pesar de todo non descartamos aínda que dende a Xunta de Galicia váiasenos a axudar co programa previsto.