Compromiso editorial co galego

Jesús Manuel García redac.ourense@lavoz.es

OURENSE

Na véspera do Día do Libro o Grupo Academia Postal presentou no IES Otero Pedrayo 15 novos libros de texto, en galego e destinados á formación profesional, ao bachalerato e ao acceso a ciclos de grao superior. Estas obras súmanse a unha colección que xa vai polos 140 libros. O acto congregou a representantes da vida política e social galega e ourensá como o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela ; o secretario xeral da Real Academia Galega, Xosé Luis Axeitos ; o presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar ou o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo Suárez . O director do grupo, Francisco Nóvoa , lembrou os case 41 anos de Academia Postal e avanzou que o mes que vén estará presente fóra de Galicia, en Madrid. Nóvoa animou a erguer o espírito da galeguidade. Seu grupo, indicou, está no clúster do libro galego. A directora financeira, Marta Nóvoa , sinalou que editar estes 15 libros que veñen cubrir unha eiva «é más ca unha oportunidade de negocio, un compromiso co galego». Subliñou que o acto de onte era unha festa do libro oportuna.ó