A compañía Badulake Teatro, a escena. Ás 20.00 horas a compañía mexicana presentará «El desconcierto de los gatos», espectáculo de monicreques axeitado para todo tipo de público. Nesta proposta invítase ao espectador a reflexionar sobre temas que teñen que ver co ser humán como la liberdade e o respecto a os outros. O argumento é unha historia de cans cuxo rei ten que facer fronte a unha invasión de ratos polos malos hábitos da comunidade canina. Badulake Teatro é unha creación de Adriana Cavalari Martelli que hoxe sorprenderá ao público ribadaviense na MIT.
Auditorio
Pippo Delbono. A compañía italiana estará ás 23.00 horas no Auditorio da vila coa obra «Racconti di giugno». Nun escenario sinxelo, Pipo Delbono vai amosando os seus pensamentos con certo tono poético. Esta obra teatral expón esa «búsqueda íntima, existencial, de uno mismo y la celebra en el pudor o la impudicia entre silencios elocuentes y un decir, a veces, improvisado», din os responsables da compañía, polo que deste xeito o espectáculo confirma a verdade do creador e do actor sen máscara, nun conmovedor abandono sobre as táboas. A noite do martes preséntase ben interesante na xa clásica e sorprendente Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.