Ata agora todos os candidatos do PP en Ourense foron confirmados publicamente pola dirección rexional do partido. Antonio Rodríguez Miranda fíxoo por si mesmo nunca rolda de prensa en Santiago:
-O acto oficial foi onte. Díxeno alí por unha cuestión de educación, de trato cotiá cos medios de comunicación en Santiago, pero onte é cando se fixo oficial a candidatura e fíxose creo que como en toda a provincia, co presidente provincial, co presidente da Deputación, co presidente do partido e co secretario xeral do PPdeG.
-¿Cómo e a súa relación co presidente provincial despois de terse enfrontado con el no congreso de xaneiro?
-Fenomenal, fenomenal. Houbo un congreso e efectivamente houbo posicións diferentes, pero fun o primeiro que o día seguinte dixen que tiñamos un novo presidente e que era o meu presidente.
-Pero Baltar chamouno traidor e mesmo difundiu unha foto dunha reunión supostamente preparatoria da súa candidatura para demostralo.
-Primeiro, eu non traizoei a ninguén. É certo que eu estaba aí e que a reunión existiu. Hai que saber para que era esa reunión e o que eu dixen aí. No furor da historia sempre se pode dicir algo máis subido de ton, pero eu si podo dicir que a min en ningún momento se me oíu ningún tipo de insulto nin de menosprezo respecto doutro membro do partido. Eu respondo da miña actitude e podo dicir que non teño contas pendentes con ninguén do meu partido.
-¿Cree que na outra parte o teñen tan claro?
-A día de hoxe témolo todos perfectamente claro.
-A nivel provincial, ¿que metas debería poñerse o PP?
-Iso é algo que lle corresponde ao presidente provincial establecelo, pero eu como militante do partido en Ourense teño claro que o noso obxectivo é manter a Deputación Provincial, incrementar de número de alcaldías e fundamentalmente, gañar a alcaldía de Ourense.