¿Quen son? Nacín en Ourense no ano 1976, aínda que vivo dende sempre no Concello de Punxín. Estou solteiro e teño moza. Traballo en Aquagest, onde son director de zona do departamento de distribución de auga en Ourense. Gústame moito o esquí -é o único deporte que practico- tamén ver fútbol e son un tolo das novas tecnoloxías. Dentro dos meus proxectos de futuro, que teño moitos, están chegar a conseguir a alcaldía de Punxín. A nivel profesional, como calquera, quero seguir crecendo dentro da miña empresa.
¿Por que me presento? Escolléuseme dentro do partido, propuxéronmo, penseino e adiante. Despois diso quero que o meu partido siga na alcaldía porque en toda a súa historia, en todo este tempo, o PSOE é o único que fixo algo por Punxín. O proxecto de recuperación do Bañiño, o saneamento das fosas sépticas, alumeado, accesos e queremos un enlace á autovía..