«Como taberneiro, é un orgullo ser pregoeiro»

noelia castro cid OURENSE / LA VOZ

OURENSE

27 ago 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A Festa da Istoria comeza co pregón, que este ano ven firmado por Francisco Alonso, un dos pais da tradicional cea medieval.

-¿Como se afronta a organización da cea medieval?

-Coa colaboración duns dez voluntarios que axudan a servir. Dende a segunda edición da festa pediuse á Asociación de Hosteleiros que había daquelas, que preparásemos a cea e así seguimos. Decidimos montala no local social da Igrexa da Madalena, porque a Praza Maior fíxosenos pequena. O menú é o mesmo dende fai quince anos.

-¿Que significa para vostede ser este ano pregoeiro?

-Pois é unha grande responsabilidade porque non son do estilo dos anteriores. Sempre tiveron a xente da arte e da literatura e este ano teñen a un taberneiro. Para min é un orgullo que me escolleran.

-¿E sobre que vai a falar?

-Vou recordar os inicios da festa. Despois de vinte e dous anos aínda hai xente que se quere adxudicar o mérito de comezala. Vou dar a miña versión de como xurdiu e falar de quen, para min, son os verdadeiros protagonistas.

-De toda a programación, ¿con que actividade se queda?

-Coa cea, pero o malo é que se reduce a 92 persoas. A festa ten cousas para tódolos gustos. Pola mañá é unha festa máis tranquila, máis familiar,. A tarde é máis activa.

-¿Que imaxe lle gustaría que se levase a xente da festa?

-Pois a dun día no que o pasaron moi ben. Creo que Ribadavia é una vila modelo no senso de que se xunta moitísima xente e nunca pasou nada, por fortuna apenas hai incidentes.