Un desfile medieval con danzantes e voda xudía percorreu o casco vello
02 jul 2012 . Actualizado a las 07:20 h.A Coordenadora da Festa da Istoria de Ribadavia e Atox ofreceron onte un serán distinto nas festas de Ourense. Un gran desfile anunciando a Festa da Istoria de agosto causou a admiración dos cidadáns. Arrancaron no Paseo, diante de Atox. Xigantes, grupo de danza medieval, coro, os gaiteiros Nova Fronteira-Cartelle de A Valenzá, cabaleiros, o clero co bispo de Tui da época e representantes das ordes relixiosas; os nobres, a voda xudía, os reis de Galicia, don García e dona Leonor de Córdoba, e o pobo. No medio do paseo interpretouse unha danza medieval moi elegante; outras dúas ao final da rúa e máis na praza Maior. Desde aquí o noivo xudeu cos pais e amigos baixo palio foron á procura da noiva, na praza de San Martiño, onde se desenvolveu a cerimonia sefardí con todo detalle e cantos dos convidados. O rabino estendeu a Torah, rolo cos primeiros cinco libros da Biblia xudía, a copa ritual e o candelabro de sete brazos. Todo moi vistoso reforzando o ambiente dun casco histórico engalanado de época.