Arquitectura bidimensional

X. M. R. ourense / la voz

OURENSE

MIGUEL VILLAR

O arquitecto, escultor e pintor Fernando Blanco Guerra amosa a súa obra máis recente na galería ourensá Visol

11 oct 2012 . Actualizado a las 07:20 h.

Fernando Blanco Guerra (O Carballiño, 1947) leva toda a súa vida compaxinando as diferentes facetas artísticas nas que se expresa. Arquitecto e profesor da Escola de Arquitectura de A Coruña, Fernando Blanco desenvolveu ao mesmo tempo a súa carreira artística como escultor, pintor e gravador. Ao longo destes anos ten asinado traballos como o conxunto escultórico en homenaxe á Xeración Nós, no Campus de Ourense, a intervención artística dos garaxes e praza da promoción de vivendas de Julio Prieto Nespereira ou a árbore de aceiro que se instalou no Parlamento de Galicia ao cumprirse os seus primeiros 25 anos de historia. Dende onte amosa na galería Visol, de Ourense, o seu novo proxecto creativo: a colección de pintura que leva por título Arquitecturas da cor. No acto de inauguración hubo unha sesión de jazz a cargo de Alfonso Medela (piano) e Lauren (contrabaixo).