O Centro Dramático Galego representará «O profesional» no Teatro Principal

OURENSE

As funcións do CDG serán os días 3 e 4 de novembro

31 oct 2012 . Actualizado a las 13:55 h.

O Centro Dramático Galego protagonizará a actividade do Teatro Principal de Ourense esta fin de semana e farao coa súa montaxe «O profesional». Olga Mojón, xerente do Principal, e Manuel Guede, director do CDG e da obra que agora chega a Ourense, presentaron hoxe o espectáculo. Serán dúas sesións, unha o sábado e outra o domingo, e Manuel Guede salientou a estreita relación que dende sempre une ao CDG co Principal, onde se estrearon algunhas das propostas escénicas do Centro Dramático Galego. Guede incidiu en que «O profesional» é a metáfora do que aconteceu en Europa ao longo do século XX, coas guerras, o conflicto da antiga Iugoslavia, o odio tribal e o xenocidio.