«A xente que participa no FIB pode expresar o que desexe»

ana cuíñas / E. F. OURENSE / LA VOZ

OURENSE

MIGUEL VILLAR

Ico é o responsable da asociación cultural Óscar Allos, entidade encargada de levar a cabo, un ano máis, o festival

30 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Ás 20.30 horas da tarde comezará a sétima edición do Festival Internacional do Barbaña (FIB). Unha actividade que pon punto e final, por este ano polo menos, ás distintas xornadas culturais e gratuítas organizadas pola asociación EsCua o longo deste verán nas rúas ourensás.

-Como naceu o FIB?

-O obxectivo principal era xuntar a todos os membros de EsCua para finalizar o Veranearte todos xuntos e dunha forma divertida. Pero dende fai algúns anos a xente foise animando a participar e fomos crecendo.

-Con cantos participantes contarán este ano?

-Pois polo de agora contamos con dez máis ou menos pero sempre hai xente que se apunta a última hora ou que se decide no momento.

-Considera que o FIB é un evento que está gañando notoriedade ano tras ano?

-Non sei se é o FIB en si. O que podo asegurar é que o Veranearte conta cada vez con máis xente e afluencia nas súas actividades.

-Moitas das letras e as cancións que se presentan teñen certo ton crítico. É o FIB unha especie de espazo de reivindicación e expresión cidadá?

-Pois claro, é un espazo noso e público, de aí a importancia de que se realice nas rúas. A xente que acude e participa pode expresar o que desexe.

-Algunha vez tiveron problemas por estas letras?

-A verdade é que non, son críticas e hai que saber aceptalas.

-Contan con algún tipo de axuda económica para levar a cabo estas xornadas?

-Non, non temos ningún tipo de axuda. Todo o que facemos, facémolo cos nosos recursos.