Recordando a Blanco Amor

La Voz OURENSE

OURENSE

MIGUEL VILLAR

Unha homenaxe recordou ao ilustre ourensán no cemiterio de San Francisco

02 dic 2018 . Actualizado a las 11:40 h.

Onte cumpríronse 39 anos do falecemento de Eduardo Blanco Amor e a memoria deste ourensán ilustre foi recordada nun acto solemne que tivo lugar no cemiterio de San Francisco. Á homenaxe asistiron representantes políticos e culturais da sociedade ourensá. Rosendo Fernández, vicepresidente da Diputación, recordó que o escritor «inmortalizou Auria coa súa obra» e destacou que a institución custodia o arquivo e a biblioteca de Blanco Amor, promoveu o monumento que dos xardíns do Bispo Cesáreo «e ten editado a súa obra e espallado polos centros escolares da provincia o gran traballo cultural que Blanco Amor fixo por Ourense».