As dúas caras

Lucía Rodríguez Fontanes

OURENSE

16 may 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Era xa moi tarde e axiña anoitecería. Estabamos sós na cociña, sen dicir nin palabra. O incómodo silencio apertábame a gorxa; quería falar, mais non podía; cada vez que tragaba a comida caíame algún insulto sen razón. Cando menos o esperaba, un forte furacán fixo que perdese o coñecemento. Non sei canto tempo estiven inconsciente: se vinte minutos, se unha hora… O que podo asegurar é que cando espertei doíame o corpo e tiña un golpe na cabeza, polo que me corría un fío de sangue. Todo tirado polo chan … Escoitei aquel marmurio do vento e intentei escapar! Subín polas escaleiras e entrei no meu cuarto por non sentir a sensación intensa de ira. Escorregueime pola porta. Sentín caer as bágoas coma se fose o océano Atlántico. Os seus pasos -que se achegaban- eran coma puñaladas que me quitaban a vida. Pechei os ollos e desexei non seguir alí, estar nun lugar mellor. Entón, lembreime da miña familia e do lugar onde me criei: Galicia.

premio xuveniL