A rúa como un gran espazo expositivo

La Voz

OURENSE

Santi M. Amil

A Alameda e o Paseo acollen mostras do traballo de Sebastião Salgado, Nós e Domingo de Andrade

11 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A cidade ofrece na actualidade unha ampla oferta expositiva estable, con mostra abertas ao público na actualidade en espazos públicos e privados -do Marcos Valcárcel a Verino e do Municipal a Marisa Marimón, entre outros-. A estas referencias hai que engadirlle as propostas que se amosan na actualidade en espazos públicos da cidade, con tres mostras na actualidade abertas ao público.

Na Alameda, na praza do Bispo Cesáreo, amosa a Fundación la Caixa o último gran proxecto do coñecido fotógrafo brasileiro Sebastião Salgado. Varios anos de traballo e 32 viaxes por todo o mundo para recoller as imaxes que forman «Xénese». Unha selección das mesmas, 38 fotografías, é a que se pode ver en Ourense ata o 4 de novembro.

No caso da rúa do Paseo son dúas as mostras que se ofrecen aos cidadáns. Nunha delas a Fundación Vicente Risco achega aos visitantes da exposición a perspectiva histórica da Xeración Nós e o proxecto da revista do mesmo nome. Os paneis ofrecen un percorrido polos acontecementos daqueles anos e unha achega ás figuras que foron quen de promover o proxecto do que se está a celebrar o centenario.

A outra exposición, promovida polo Colexios Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) recupera a figura e o legado de Domingo de Andrade.