O escritor Xosé Luis Méndez Ferrín inaugura o ciclo de conferencias da mostra «Galicia, de Nós a nós»

La Voz OURENSE

OURENSE

Oscar Vázquez

A cita será o vindeiro martes ás 20.00 horas no centro cultural Marcos Valcárcel

21 mar 2021 . Actualizado a las 21:46 h.

O ciclo de conferencias que completa a exposición «Galicia, de Nós a nós» comezará este martes. O escritor ourensán Xosé Luis Ménde Ferrín será o encargado de inaugurar a iniciativa cultural cunha charla que terá lugar no centro cultural Marcos Valcárcel, que acolle a mostra dende febreiro. A ponencia arrancará este martes ás 20.00 horas e o autor falará sobre a importancia na lingua galega da Xeración Nós e sobre as súas pisadas na literatura.

Un dos comisarios da exposición, Afonso Vázquez-Monxardín, participará na conferencia, que estará presentada por Manolo Outeiriño.