
A exposición estará aberta ata o día 28 de maio
04 may 2021 . Actualizado a las 05:00 h.Este ano dedícase o Día das Letras Galegas a Xela Arias e por iso, o Espazo Xove da Xunta en Ourense alberga desde onte a exposición «Aquela meniña de Sarria».
É unha mostra elaborada polo Colectivo Egeria en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade na que se amosan a vida e obra da escritora en tres prismas con paneis nos que tamén se incluen textos dedicados por outros autores.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, inaugurou a mostra este luns. A exposición estará aberta ata o vindeiro 28 de maio.