A Fundación Vicente Risco recoñece o traballo da UD Ourense a prol do galego

LA VOZ OURENSE

OURENSE

ALEJANDRO CAMBA

Celia Pereira fixo entrega da devandita medalla ao vicepresidente da entidade deportiva, Carlos Quintairos, xunto a alcaldesa Cristina Cid

26 jun 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación Vicente Risco entregou a medalla que recoñece o traballo da Unión Deportiva Ourense a prol da difusión da lingua galega, nun entorno que vai máis alá do futbolístico.

No acordo do colectivo con sede en Allariz foron salientadas as vestimentas do equipo con simboloxía relativa á Xeración Nós, así como o logotipo da revista que tamén amosou ao longo de toda a tempada o marcador electrónico do estadio do Couto, como un dos sinais de identidade do club.

No acto desenvolvido na xornada de onte, nas instalacións da Fundación Vicente Risco, a súa presidenta Celia Pereira fixo entrega da devandita medalla ao vicepresidente da entidade deportiva, Carlos Quintairos, baixo a atenta mirada da alcaldesa de Allariz, Cristina Cid.

Outro paso máis dos ourensanistas nas súas raíces sociais na provincia, que representan na súa traxectoria competitiva.