Dereitos

María Cobas Vázquez
María Cobas DESDE O OUTEIRO

OURENSE

María José con su hijo Alejandro, que a partir de ahora estará inscrito como varón en el Registro Civil
María José con su hijo Alejandro, que a partir de ahora estará inscrito como varón en el Registro Civil

01 jul 2022 . Actualizado a las 17:55 h.

Hai xente que está en contra de avanzar en dereitos. E iso a pesar de que aínda que a eles non lles beneficien eses dereitos, tampouco lles prexudican. E entón eu son das que pensa que esa é mala xente, porque da outra maneira poderías pensar que é egoísta (como os que evaden impostos porque así pagan menos, pero entón hai menos cartos para dar eses servizos que nos benefician a todos). Pero non, falo dos que están en contra de que a outros lles vaia mellor. Que se poden casar as persoas homosexuais e protestan. Que as mulleres poden abortar e protestan. Que as persoas cunha saúde moi deteriorada e que non van mellorar poden pedir a eutanasia e protestan. Que alguén quere cambiar os datos do rexistro civil porque non se identifica co xénero co que naceu e protestan. E aínda que os exemplos son moitos, porque afortunadamente imos camiñando cara adiante (nunca, iso si, gañamos dereitos cando gobernaba a dereita... e aínda hai quen non ve perigosa a ultradereita), cada vez que hai un avance xorden novas protestas. Os últimos ladridos chegan coa resolución dun xuíz de Ourense que autorizou o cambio rexistral dun neno de oito anos. E ladran a pesar de que a reflexión do maxistrado, Darío-Carpio Estévez, é rotunda: «Si no aceptaba, lo condenaba a vivir como él no quiere el resto de su vida». Que ese neno conseguira o que sen dúbida será motivo de alegría, pero sobre todo deixará de ser motivo de pena, non fai que a vida deses que protestan empeore. Non, a súa non empeora. Pero mellora a de todos, a que di que imos camiñando cara unha sociedade máis plural. Aínda que haxa quen prefira seguir nas cavernas.