Os comerciantes do Barco entregan os premios das Letras

La Voz O BARCO

OURENSE

Foto de grupo dos gañadores da campaña das Letras.
Foto de grupo dos gañadores da campaña das Letras. CEDIDA

A campaña estivo organizada en colaboración cos equipos de normalización lingüística dos centros educativos da localidade, Rubiá e Carballeda de Valdeorras

07 jun 2023 . Actualizado a las 13:32 h.

O centro comercial aberto do O Barco de Valdeorras entregou os premios da campaña «Francisco Fernández del Riego: tecedor de redes», organizada conxuntamente cos equipos de normalización lingüística dos colexios da localidade, Rubiá e Carballeda de Valdeorras co gallo do Día das Letras.

A asociación premiou os oito mellores traballos do alumnado, consistentes en cartas do autor decoradas cun selo dunha caricatura de Del Riego e que se puideron ver nos escaparates das tendas participantes. Os premiados foron Sara Fernández, do Condesa de Fenosa; Carlota Carrera, do Julio Gurriarán; Leo Pérez, do Otero Pedrayo; Sara González, do Divina Pastora; Carla Rodríguez, do IES Lauro Olmo; Zoe Barros, do Martaguisela, todos no Barco; Aroa Tamerón, do Tomás Terrón de Sobradelo; e Carlos Porto, do Virxe do Camiño de Rubiá. Cada un recibiu un vale de 25 euros para gastar nas librarías asociadas ao CCA.

Ademais, sorteouse o premio da xincana escolar na que os rapaces tiveron que buscar as cartas de Fernández del Riego polas tendas da localidade. O folleto premiado foi o de Liher Matallana, que recibiu 50 euros para gastar nas librarías.