Animasur e Quico Cadaval abrirán o FITO 2023

La Voz

OURENSE

Quico Cadaval
Quico Cadaval ANA GARCIA

O festival ofrecerá propostas escénicas ata o día 22 de outubro

10 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 12 • 18.30 e 21.00 horas • Praza de San Martiño e Liceo • Ourense • O Festival Internacional de Teatro de Ourense chega esta semana cunha nova edición. Ata o 22 poderase gozar na cidade dun amplo programa de representacións con todo tipo de espectáculos: teatro de rúa, de sala, clown, danza...

 

As representacións comezarán este xoves e para a xornada están programadas dúas propostas ben diferentes: teatro de rúa e monólogo. Na praza de San Martiño contarase coa presenza do grupo Animasur, de Granada, e a súa obra «Boas noites Europa». A compañía revisa, con mirada crítica, o papel que está a xogar na actualidade o «vello continente» e como se foron perdendo os valores que secularmente foron o sinal de identidade europeos.

A súa proposta chegará da man dun dos referentes da escena galega actual. O actor, director e dramaturgo Quico Cadaval estará no Liceo de Ourense coa súa montaxe «Corredoiras asfaltadas».