O ciclo «Cata a arte» apoia os proxectos de Alcer

La Voz

OURENSE

Presentación da novena edición de <Cata a arte>
Presentación da novena edición de Cedida

As sesións desenvolveranse no Centro Cultural Marcos Valcárcel todos os xoves de novembro

26 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro • 20.00 horas • Centro Cultural Marcos Valcárcel • O Consello Regulador da DO Ribeiro celebrará ao longo do mes de novembro unha nova edición, a novena, da súa iniciativa «Cata a arte», a proposta que xunta nas súas sesións viticultura, proxectos culturais e solidaridade. Desta volta o que se recaude nas sesións será destinado integramente a Alcer (Asociación para a loita contra as Enfermidades Renais). O día 2 haberá unha cata vertical con viños da DO Ribeiro. Estará guiada por un coñecido sumiller. O 9 estará Adega Pousadoiro cos seus viños e haberá recital poético de Carlos Abeledo. O 16 poderanse catar as elaboracións de Bodegas Loeda e actuará o Mago Deimi. Arco da Vella estará o 23 e haberá poesía e música. E pechará as citas deste ano Bodega Alanís. Será o día 30.

O número de prazas para as sesións é de 100 e os convites deberán retirarse no Marcos Valcárcel dende o luns anterior á cada unha das catas.