«Besteiro cre no reequilibro territorial. Vén dunha provincia semellante»

Miguel Ascón Belver
Miguel Ascón OURENSE

OURENSE

Avogada de UXT. Rodríguez Dacosta presume de vir do mundo sindical. Está casada co alcalde socialista de Entrimo, Ramón Alonso, e ten dúas fillas xemelgas de quince anos.
Avogada de UXT. Rodríguez Dacosta presume de vir do mundo sindical. Está casada co alcalde socialista de Entrimo, Ramón Alonso, e ten dúas fillas xemelgas de quince anos. Miguel Villar

A socialista insiste en que Rueda é gris e «estivo ausente» da provincia

14 feb 2024 . Actualizado a las 09:08 h.

Dacosta aspira a levar á Xunta medidas como as de Pedro Sánchez no Estado. «A suba do salario mínimo en Ourense incidiu dunha maneira moi clara nesta provincia, como a chegada do AVE, como as pensións... Iso a xente teno que saber. Esta campaña o que nos impulsa é a contrastar medidas. Touriño cría no reequilibrio territorial, Besteiro cre. Vén dunha provincia moi semellante, como Lugo, e sabe que hai que investir xa nos primeiros orzamentos o dobre por habitante nestas dúas provincias».

—Teme que os votos a outras formacións de esquerda como Podemos e Sumar, con menos posibilidades de obter deputado, resten representación ao PSOE?

—Creo que non. Nestas eleccións a xente está bastante concienciada de que Rueda ten que deixar de ser presidente. O PP xa esgotou o crédito que podía ter ata este momento e creo que a xente vai apostar por un voto de liderado. E o liderado está en Xosé Ramón Gómez Besteiro, cun fío directo co presidente do Goberno, iso é obvio. El é capaz de levantar o teléfono e ter resposta de ministros e do propio Pedro Sánchez para que Ourense sexa o que ten que ser

—E Jácome, preocúpalle?

—O primeiro é que non se presenta Jácome, e iso hai que dicilo. Quen se presenta é Armando Ojea. En todo caso, PP e Jácome fixeron un tándem que levou a Ourense a esta situación crítica.

—Se é chave, como el pretende, cre que o PSdeG debería sentarse a negociar con el?

—Non vai ser necesario. Eu estou con moita ilusión, de verdade. Creo que esta campaña é decisiva e non vai ser necesario. De todos os xeitos, eu son a candidata número un por Ourense, non son a secretaria xeral do PSdeG. Pero non vai haber nada que falar, esa é a miña opinión, porque non vai ser necesario.