O obxectivo da convocatoria é fomentar o uso do galego
30 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Do 31 de maio ao 20 de outubro • 30 de novembro (entrega de premios) • Liceo de Ourense • A Fundación Carlos Casares e o Liceo de Ourense convocan o Premio Literario Carlos Casares de Microrrelato. A iniciativa foi presentada este mércores nun acto no que participaron o presidente do Liceo, Xavier Casares, e Carlos Ares, da institución que mantén vivo o legado e a memoria do escritor ourensán. A convocatoria nace como unha proposta educativa destinada aos centros de estudio ourensáns co obxectivo de «potenciar a lingua galega na creatividade da escrita, así como o de fomentar o seu uso nos hábitos de lectura; sempre coa intención de que o galego ocupe un espazo relevante nos seus períodos formativos e que forme parte esencial dos seus crecementos emocionais». Poderá participar, cun único orixinal, todo o alumnado matriculado nos cursos 2023-2024 e 2024-2025 nos centros de Bacharelato e ciclos de Grao Medio e Superior de toda a provincia. A temática será libre e a extensión máxima non poderá superar as 200 palabras. O premio único, que se entregará o 30 de novembro, é dun lote de libros de Carlos Casares e unha fin de semana para dúas persoas nun hotel de Caldaria. O finalista levará o lote de Casares e un vale de 150 euros para empregar nas librarías adheridas á convocatoria. Os orixinais remitiranse a fundacioncarloscasares@gmail.com.