«O divino sainete» chega por vez primeira ao teatro

La Voz

OURENSE

Presentación de «O rexurdimento do divino sainete»
Presentación de «O rexurdimento do divino sainete» Alberte Paz

A montaxe estrearase o día 15 no Auditorio de Celanova

12 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Día 15 • 20.00 horas • Auditorio • Celanova • De balde • «O divino sainete» é un texto clásico de Manuel Curros Enríquez no que o poeta e xornalista de Celanova empregou a súa ironía para crear unha obra sobre unha viaxe a Roma nun tren con sete vagóns. En cada un deles ía un dos sete pecados capitais e o obxectivo da viaxe era unha reunirse co papa para pedirlle contas da sociedade daquel tempo. «O divino sainete» estrearase por primeira vez como obra teatral este domingo e a montaxe «O rexurdimento do divino sainete» terá a súa estrea mundial o mesmo día no que se cumprirá o 173 aniversario do nacemento de Manuel Curros Enríquez. Hai un ano que a compañía La Griotte comezou o seu traballo escénico para adaptar a obra e a mesma foi presentada onte no Centro Cultural Marcos Valcárcel.