
O partido celebrou una xornada en recordo á memoria do autor
15 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.A executiva da agrupación local do PSOE ourensán celebrou este sábado unha xornada de homenaxe a Eduardo Blanco Amor. No seu tempo, o autor foi un «rebelde», segundo destacou a concelleira Alba Iglesias. Logo dun acto cultural no que tamén falaron outros dirixentes socialistas, tivo lugar a actuación musical de Éric Dopazo e a proxección da adaptación cinematográfica de A Esmorga que realizou Ignacio Vilar.
«El, que tanto defendeu a nosa cultura e idiosincrasia, alonxándose do conservadurismo, merece que se lle rendan todas as homenaxes posibles ante a pasividade e a indiferenza dos que nos gobernan nunha data tan importante», subliñou a secretaria xeral do PSOE ourensán, Natalia González.