O CDR O Viso impartiu unha formación financiada pola Consellería de Política Social
18 nov 2024 . Actualizado a las 05:00 h.O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso de A Limia impartiu unha formación orientada a mellorar as competencias dixitais e laborais das mulleres. Trátase dun proxecto financiado pola Consellería de Política Social. As participantes aprenderon sobre temas laborais e sobre a planificación da procura de emprego a través de tecnoloxías da información, coma aplicacións, páxinas web e outras ferramentas dixitais.