San Amaro celebra a Festa do Viño Novo

LA VOZ OURENSE

OURENSE

cedida

O alcalde pedirá á D.O. Ribeiro a ampliación do territorio amparado pola denominación

29 nov 2024 . Actualizado a las 19:03 h.

Día 30 • A partir das 17.30 horas • Campo da feira • San Amaro No municipio da comarca carballiñesa hai tres anos que apostaron por crear unha celebración para poñer en valor o rural galego. E este sábado celebran unha nova edición da Festa do Viño Novo, onde se poderán degustar os elaborados en Anllo, San Fiz, A Saínza, Xinzo, Eiras, Sabariz e O Cruceiro.

A festa busca rescatar unha das tradicións máis importantes da zona, probando os viños que se fan nas adegas familiares. Este ano ademais está presente a reivindicación que dende o Concello lle fixeron ante o consellor regulador da D.O. Ribeiro. O alcalde, Fernando Rodríguez, transmitirá á presidenta da entidade, Concepción Iglesias, a solicitude formal de adhesión á D.O. dalgúns territorios do municipio. Según un estudio realizado a nivel local, so o 0,59 % da superficie do concello pertence á denominación pese a que podería extenderse ata o 39 % nos entornos de Anllo, San Fiz, Beariz ou Erias.