Ugia Pedreira conversa e ofrece un concerto na Limia

La Voz

OURENSE

A Pedreira nos Xoves da Códax
A Pedreira nos Xoves da Códax MONICA IRAGO

En A Arca da Noe presentará os temas do seu disco «Basal» 

24 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 22.30 horas • A Arca da Noe • Vilar de Santos • Ugia Pedreira, A Pedreira, publicou o pasado ano o seu traballo «Basal», un disco que foi definido pola docente e artista como un traballo «para bailar, rir, chorar e pasear nun mapa emocional excelentemente trazado». O adianto do mesmo presentouno na última edición do ciclo Xoves de Códax —da adega da denominación de orixe Rías Baixas Martín Códax— e despois saíron os sinxelos «Soltar» e «Se me apuras». O primeiro tema «vai de soltar pesos, soltar a voz, soltar as feridas que non che corresponden», en palabras de A Pedreira, e o segundo construíuse dende a canción de autor nun traballo no que a súa autora recolle xestos que viaxan dende o folk galego ao fado ou ás habaneiras, e mesmo ao arrecendo brasileiro.

Para presentar os temas de «Basal» estará A Pedreira esta noite na Arca da Noe. E como sempre virá acompañada dos seus músicos de costume: Mauricio Caruso, Alejandro Vargas e Lorena Cachito.

 Encontro cos alumnos

Ugia Pedreira, piscóloga de formación, participa pola mañá —12.30 horas— nunha conversa musicada cos alumnos dos IES Lagoa de Antela e Antioquía.