Os cen primeiros números de «Fronda» xa son un libro

La Voz

OURENSE

Presentación do libro de «Fronda»
Presentación do libro de «Fronda» Cedida

A publicación foi presentada no Arquivo Histórico Provincial de Ourense

28 ene 2025 . Actualizado a las 18:55 h.

O Arquivo Histórico Provincial de Ourense comezou a editar no ano 2006 «Fronda», unha publicación coa que a entidade difunde o seu labor e a importancia dos fondos cos que conta. Agora o Arquivo reúne as cen primeiras entregas da revista «Fronda» nun libro e o mesmo foi presentado nas instalacións do antigo mosteiro de San Francisco. O director xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, representou á Consellería no acto. Na actividade tamén estiveron presentes o director da institución ourensá, Pablo Sánchez Ferro, e o delegado do Goberno autonómico na provincia, Manuel Pardo. Anxo Lorenzo destacou a «importancia de divulgar a nosa riqueza patrimonial, neste caso o patrimonio documental, entre a sociedade, máis alá das persoas investigadoras», sinalou. Tamén incidiu no feito de que grazas á revista déronse a coñecer fondos con especial valor relacionados coa igrexa, os concellos e as empresas. «Foi unha das primeiras publicacións de difusión arquivística tanto para público académico como non especializado, tanto no ámbito galego como a nivel nacional», salientou Lorenzo.