
Na fundación de Allariz presentouse a peza que lembra ao intelectual ourensán
22 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Na fundación que leva o seu nome presentaron o cabezudo e o monicreque de Vicente Risco. O autor das dúas pezas foi o artista Borja Insua. Xunto aos membros da entidade cultural estiveron a alcaldesa e o edil de Cultura, Cristina Cid e Alberto Conde. O cabezudo estará na fundación e sairá cos do Concello nas festas de Allariz.
A Fundación Risco tamén contemplará a posibilidade de que o cabezudo poda estar presente noutras festas e celebracións dos concellos de Galicia se así o consideran os mesmos e o solicitan.
Na entidade cultural da vila de Allariz tamén contaron este venres coa presenza dun vello coñecido. João Madureira hai anos que colabora coa fundación en diferentes iniciativas, tanto en Galicia como en Portugal, e desta volta acegouse ata a Risco para presentar o seu libro «O tosão de ouro». No acto estivo acompañado por Antonio Blanco Rodríguez, vicepresidente da institución.