A Fundación Risco celebra o centenario de Virxilio

La Voz

OURENSE

Virxilio no seu estudio de Tamallancos
Virxilio no seu estudio de Tamallancos No disponible

A institución traballa nunha exposición en homenaxe ao artista que formou parte da mesma e foi amigo de Vicente e Antón Risco

21 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

«De non ter présa por marchar, vai para 14 anos, hoxe, 21 de marzo, Virxilio Eduardo Fernández Cañedo, Virxilio, pasaría o listón da centena», así o aseguraban este xoves dende a Fundación Vicente Risco para lembrar a un artista que mantivo unha estreita relación con Vicente e Antón Risco e que foi padroeiro da fundación. Na mesma entrou da man de Ruco Lezcano e Antón Risco no ano 1995. A Fundación Risco «conserva coma un dos seus maiores tesouros preto dun cento de obras, moitas delas ‘obra menor’ segundo a catalogación ao uso». Con ese legado a institución de Allariz vai render homenaxe a Virxilio polo seu centenario e será «en breve», amosando as mesmas «nunha exposición que se está xestando».