Xosé Benito Reza repasa as historias da capela mozárabe de San Miguel nun libro

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE

Reza, Domínguez y Rodríguez, en la presentación
Reza, Domínguez y Rodríguez, en la presentación MIGUEL VILLAR

A publicación dedica un capítulo á vida de San Rosendo

23 mar 2025 . Actualizado a las 19:14 h.

Xosé Benito Reza presentou este sábado na Casa dos Poetas o libro Ciencia e misterio en Celanova. A capela mozárabe de San Miguel. Foi nun acto no que estivo acompañado de Maximino Rodríguez e de Noelia Domínguez. Á presentación acudiu tamén o alcalde, Antonio Puga.

Reza, coa colaboración da súa filla Cristal como deseñadora da edición, recolle na publicación datos sobre esta xoia arquitectónica, con máis de mil anos de antigüidade. O libro reúne tamén historias da memoria colectiva en torno a este lugar de carácter enigmático. O autor leva décadas interesado por este tema.

O último capítulo do libro está dedicado á vida de san Rosendo, fundador de Celanova e unha das persoas máis influentes e respectadas da alta Idade Media, tal e como lembra o autor.

O volume —que se presentou moi preto no calendario do equinoccio de primavera— está autoeditado e sairá á venda este luns, día 24. Nas librarías poderá adquirirse a versión en galego e tamén outra en castelán.