Trump pone en pausa durante 90 días los aranceles a 75 países y sube los de China al 125 %

A capital do Ribeiro acolle a mostra «Cincuenta anos da Casa de Rosalía»
03 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hai só uns días que o Concello de Ribadavia acollía a presentación do libro de José Luis Chao titulado «Persoeiros do Ribeiro na vida de Rosalía de Castro», traballo de investigación sobre xentes da comarca que xogaron un papel destacado na axuda e colaboración coa escritora máis recoñecida da literatura galega. E dende este mércores a vila gábase de novo desa relación ao acoller a exposición «Cincuenta anos da Casa de Rosalía», un proxecto da fundación que leva o nome da autora e que está percorrendo toda Galicia para lembrar a súa vida e como foi o proceso e o movemento cidadán para recuperar a casa de Padrón e convertela nun museo. O presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, participou no acto de inauguración xunto ao alcalde, César Fernández.